As curtas do Anirmau 09 en Vila de Cruces

Arquivado en: Actividades — admin Decembro 11, 2009 @ 8:09 pm

Fruto dunha colaboración coa Asociación Cultural Tarabela proxectaremos nas vindeiras datas de Nadal as curtas que se proxectaron durante o Festival Anirmau no local de Tarabela.

cartelanirmau09

Inda nos quedan por confirmar os días pero proxectaranse entre 0 26 de decembro e o 6 de xaneiro aprobeitando a vacacións de nadal.

Serán 3 xornadas dunha duración aproximada de 90 minutos cada unha na que veremos curtas realizadas con distintas técnicas.

Seguiremos informando.

Para irvos adiantando podedes ler o Libro Oficial do Anirmau.

Martes de Comedia 2009

Arquivado en: Vídeos — admin Outubro 18, 2009 @ 8:00 pm

Aquí queda un vídeo do Martes de Comedia celebrado durante a Semana Cultural do 2009

Defendamos á antiga Casa Consistorial

Arquivado en: Uncategorized — admin Setembro 30, 2009 @ 10:58 am

Dende esta humilde asociación queremos defender a rehabilitación da casa consistorial en casa de cultura ou similar. Porque como asociación cultural está claro que a poderiamos aproveitar para levar a cabo actividades. Só esperamos que os políticos que se encargan destas cousas entren en razón e lle dean unha segunda oportunidade a un dos poucos edificios historicos que temos no casco urbán de Vila de Cruces.

Semana Cultural de Vila de Cruces

Arquivado en: Actividades — admin Xullo 22, 2009 @ 4:53 pm

Aquí tedes a programación da Semana Cultural 2009.

24 de Xullo: Presentación da Semana Cultural aos medios. Lugar: Salón de Plenos do Concello de Vila de Cruces. Hora: 13:00 horas.

Presentarase a programación da semana a periódicos, radios e televisións interesadas.

31 de Xullo: Inauguración da exposición de Art Toys - Novas Formas de Arte Urbano. Lugar: Auditorio Municipal Xosé Casal. Hora: 20:00 horas.

Presentarase unha exposición dun novo estilo de arte urbano no que diferentes deseñadores gráficos e artistas decoran pequenos bonecos chamados art-toys, a expo quedará aberta ao longo de todo o mes nun horario que indicaremos nesta web.

3 de Agosto: Luns Animado

Taller de Animación Stop-Motion. Lugar: Baixos do Centro de Saúde. Horas: de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00.

O stop-motion, ou cadro a cadro é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos capturando fotografías. Con esta técnica realízanse, por exemplo, curtas de animación en plastilina. Neste taller trataremos de realizar unha pequena curta ao longo do día e que proxectaremos o mesmo día no auditorio.

Proxección de Curtas de Animación. Lugar: Auditorio Municipal Xosé Casal. Hora: 21:30

Proxectaranse diferentes curtas realizadas con diversas técnicas de animación e tamén, se é posible, os traballos realizados ao longo do día no Taller de Animación.

4 de Agosto: Martes de Comedia

Mundial de Debaixo dos Bancos. Lugar: Praza do Concello. Horas: 16:00 ata 13 anos, 19:00 maiores de 13 anos

Lembraremos, como cada ano, ese deporte que se xogaba na praza cando tiña bancos a ambolos dous lados. A competición será por parellas.

Noite de Comedia. Lugar: Auditorio Municipal Xosé Casal. Hora: 21:30

Certame de monólogos con actores da vila e Víctor Grande coma artista invitado que nos deleitara cas súas cancións. Tamén contaremos co acompañamento musical de Pipas Group.

5 de Agosto: Mércores Astronómico.

Conferencia: Introducción á Astronomia. Lugar: Auditorio Municipal Xosé Casal. Hora: 18:00

Conferencia dirixida a tódalas idades e impartida por D. Francisco Violat Bordonau (escritor e recoñecido especialista en astronomía) e D. Jesús Pérez Bastos membros da Asociación Astronómica de Vigo e da Fundación Ceo Ciencia y Astronomía (FC3).

Cita no Observatorio. Lugar: Observatorio Astronómico do Coto de Zarragrande. Hora: 23:00

Se o tempo o permite, acompañados e asesorados por D. Francisco e D. Jesús poderemos ver diversos  astros a través do telescopio do observatorio, ademáis invitamos a todolos participantes a que traian os seus aparellos de observación: pequenos telescopios, binoculares, catalexos etc…

6 de Agosto: Xoves de Aventura.

Busca do Tesouro. Lugar: Praza do Concello, para rapaces de ata 15 anos. Ás 17:00h

Os participantes competirán en grupos para buscar o tesouro escondido nalgún lugar da vila.

Carreira de Orientación. Lugar: Saída desde a Praza do Concello, para maiores de 15 anos. Hora: 22:30

Os participantes deberán demostrar se saben moverse rápido polas rúas da vila.

7 de Agosto: Venres do Neno

Customización de Zapatos. Lugar: Praza do Concello. Hora 11:30

Ven con nós e pinta e personaliza as túas zapatillas.

Actividades para Todos. Lugar: Praza do Concello. Hora: 16:00

Saca o neno que tes dentro, trae aos pequechos da casa, ven co teu mozo ou moza e desfruta das actividades que temos preparadas para ti: Tiro con arco, labirinto, maquillaxes divertidos, taller de chapas, castelos inchables, xadrez, parchís, cartas, twister, e pola tardiña fai un equipo e participa no Gran Xogo da Oca. E se temos unha tarde de calor, despediremos a festa ca mítica batalla de globos de auga.

8 de Agosto: IV Rali de Carretillas. Lugar: Praza do Concello. Hora: Inscrición ás 17:00 horas. Comezo do Rali ás 18:00 horas.

As carretillas invadirán as rúas da vila, as probas realizaranse en diversos puntos dos que se informará en www.ralidecarretillas.org e tamén se exporan as carretillas de Arte Carretilleiro.